lunes, 15 de febrero de 2010

Entroido 2010

Os internos da UTE que asisten ás clases da Escola animáronse a traballar unha unidade didáctica na que se mesturaba a historia do vestido (dende o antigo Exipto, Roma e Grecia, pasando polos Celtas, ata a época contemporánea) coas linguas galega e castelá e coas matemáticas, onde eles deseñaron, mediron, cortaron, coseron, elaboraron artesanalmente os accesorios (botóns, cascos, armas, calzado...), etc, en definitiva, deseñaron unha "Colección de Vestidos Históricos de Alta Costura" que representan evolución da moda e, ademais, como traballo de aula, un mural explicativo de todo este proceso histórico.


Finalmente, como parte das celebracións do entroido na UTE, presentaron un "Gran Desfile de Modelos" e un "Festival de Canción Pop".


De todo elo podedes ver fotos neste enlace: Galería Entroido 2010

0 comentarios:

  © by Manuel VP 2010

Volver ARRIBA