lunes, 31 de mayo de 2010

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS E IV ANIVERSARIO DA UTE

O pasado día 21 de maio tivemos unha doble celebración, por un lado o IV Aniversario desta UTE e por outro as Letras Galegas, que este ano estiveron adicadas ao autor do Courel, UXIO NOVONEYRA.
O programa foi confecionado polos docentes do Centro de Educacion Permanente de Adultos do C.P. de Teixeiro e o equipo multidisciplinar da UTE.
Os actos comenzaron as 11:00 coa interpretación por parte do grupo FOLERPAS DA NOITE(internos da UTE), dun repertorio de cancións tradicionais galegas dirixidos e acompañados pola profesora da EPA, Teresa. Entre canción e canción os internos recitaron poemas adicados a Uxío Novoneyra e tamén do propio autor, como fondo unha proxeción de imaxes e escenas da vida do autor homenaxeado, a cargo do profesor Manuel.
As 12:30 rematou o acto coa interpretación do himno galego por parte de todos os asistentes.
Contamos coa compañía da Subdirectora de Tratamento, da Subdirectora de Seguridade, do director e demáis profesores do EPA do centro Peniotenciario, da coordinadora do Programa ITINERE-ÉRGUETE, dos alumnos de Psicoloxía en prácticas e de membros do equipo multidisciplinar da UTE.
A continuación, todos os asistentes puideron ver a exposición dos traballos feitos polos internos tanto na escola da UTE coma nos distintos talleres.
As 14:00, os alumnos do curso de cociña, que se está levando a cabo no centro penitenciario, confecionaron un agapé para que todos os asistentes puideran degustalo, e tamén como forma de poñer en prática os seus coñecementos nunha práctica real.
Para este día tan especial cambiouse o menú correspondente dos internos por costelas de porco para facer unha humilde churrascada que os propios internos prepararon e compartiron con todos os asistentes.
Para concluír , dicir que esta foi unha bonita xornada de convivencia entre os internos da UTE e os convidados.
Hai que dar as grazas os mestres da EPA da UTE pola súa adicación e esforzo para facer que xente de distintos puntos de España foran capaces de aprender cancións e poemas en galego para este día tan especial das Letras Galegas, e tamén por inxectar tanta ilusión e ánimo a estes alumnos. Por outro lado dar as grazas as persoas que nos acompañaron , e tamén aos propios internos que puxeron todo o seu esfozo para que este acto que levaban tempo preparando saíse de maravilla.
Máis adiante poderedes ver a reportaxe fotográfico desta celebración

0 comentarios:

  © by Manuel VP 2010

Volver ARRIBA